Para moitos españois, resulta unha afrenta que esta elaborada crueldade cos animais, elevada a diversión colectiva, fora declarada Ben de Interese Cultural

Dicía “Zeca” Afonso ‹‹Eles comem tudo E não deixam nada›› nunha canción titulada “Os Vampiros”, composta a finais dos anos 50. Esta expresión reflicte á perfección a súa postura con respecto á tauromaquia. Vostedes están a empregar recursos públicos dun xeito sistemático ata deixar á cidadanía sen uns recursos prioritarios para a loita contra, por exemplo, o desemprego xuvenil e os desafiuzamentos. José converteuse anos máis tarde nun símbolo contra a Dictadura de Salazar.
Soprende ler o contido da súa soflama proviolencia enviada aos grupos do Parlamento de Galiza. E sorprende porque na nosa terra somos unha maioria abrumadora a que reclamamos a fin destes espectáculos. Quizais por mor do seu alonxamento tradicional da Sociedade non se decataron que dende o ano 1981 o territorio galego posúe un Parlamento propio e non é unha provincia máis de Madrid, quizáis tiveran o mesmo problema coa tramitación da ILP abolicionista en Cataluña, que tiñan un espazo de representación electoral, o Parlament, que lles estorbaba un pouco.
Tampouco deixa de sorprender que as súas declaracións cara os voceiros dos Grupos Parlamentares se dirixan a constituir unha uniformidade moral a prol da tortura dos animais como arte, cultura ou calesquera outros adxetivos para o que constitúe unha morte sanguinolenta dun hervíboro, un animal que non mata nin para comer.
O propio Ministerio de Cultura, o que vostedes frecuentan con asiduidade para facer o exercicio de pedir, reflicte na súa última enquisa de “Hábitos e Prácticas Culturais” do periodo 2010-2011 que o 99,2% dos galegos e galegas non asistiron a festexo taurino algún. Mostra dun grande espectáculo de masas supoñemos, pero de seguro unha cantidad ostensiblemente inferior aos votos que recolleron nas pasadas Eleccións á Xunta de Galiza as forzas netamente abolicionistas, como o BNG, ao que vostedes chaman catetos, asquerosos ou fillos de puta nas redes sociais, e Alternativa Galega de Esquerda. Tamén teríamos que sumar os votos de 10 dos 18 deputadas e deputados do PSdeG que asumiron un compromiso coa plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas e impulsaron a Fronte Antitaurina na propia cámara.
Agardamos tamén o seu rexeitamento ás ameazas e insultos que están a recibir os lexítimos representantes do pobo galego, que foron escollidos nun proceso electoral regrado. Porque xa que vostedes defenden a liberdade para torturar animais e poder desfrutar dunha tarde de sangue e sol, entendemos que tamén defenden a liberdade da maioría social para rexeitar esta actividade e artellar os mecanismos que pon nas súas mans o sistema parlamentar para impulsar o seu veto.
A súa retorica aburre, non nos ameace e moito menos se erixa en decisor do que os galegos e as galegas queremos.
Por certo, non faga alusión a estudos da Coruña, porque calqueira concelleiro da corporación ten acceso ao expediente da feira taurina, regulado por contrato público. Non quera espallar máis sorpresas da industria taurina cidade.
El Concello da Coruña gastou 500.000€ na organización de touradas durante o ano 2009.
Subsidian unha feira taurina que se realiza nunha instalación xestionada polo propio Concello da Coruña, que resulta ser un fracaso económico e de asistencia (http://bit.ly/12x077F). En 2012 estímase que as touradas xeraron perdas por valor de 135.000 euros en apenas tres días.
O PP, que goberna no municipio dende 2011, impón un veto ás nosas iniciativas (http://bit.ly/YD9UVs) apoiado polo “lobby” taurino para que non se poida falar sobre as touradas e as súas subvencións, a pesares de que máis do 73% dos coruñeses rexeita a tauromaquia.
Dende o Concello da Coruña pretenden seguir adicando cartos públicos a torturar animais mentras recortan as axudas ás ONG, suprimen servizos sanitarios e de carácter social, e non axudan ás miles de familias do municipio en risco de exclusión social.
Por iso decidimos presentar unha MOCIÓN POPULAR contra a tauromaquia, que tí tamén asinarás AQUÍ.