Praza pública Blogs
Hoxe en Praza:

Espazo vivo

O blog dos animalistas en Praza Pública
Sobre o blog  Artigos  Cómo axudar?  

…e Goya removéuse de @ruben_prz

Quizáis a argumentación capciosa do mundo taurino sexa a de comparar a creación cultural coa tauromaquia. É moi habitual que grandes da pintura, sobre todo este eido, sexan proclamados como seguidores das touradas polo mero feito de traballar sobre esta actividade. O caso máis significativo, e penoso de todos, é o de Goya.

Quen comprenda un pouco a obra de Goya poderase decatar que o sombrío de moitos dos seus traballos funcionan como ferramenta de denuncia, como forma de activismo artístico contra por exemplo a guerra. A ninguén se lle ocorrería dicír que Francisco “amaba” a violencia bélica. Os seus cadros amosan caras desencaixadas, morte e moita brutalidade. Coa mesma idea e perspectiva traballou sobre as touradas. “La Tauromaquia” é unha serie de 33 grabados onde amosa a realidade da tauromaquia da época, sanguinolenta, brutal… case indescriptible.

Por suposto quen se opoña as touradas pode facelo por moitos motivos, pero dende logo sobre a base de que unha atrocidade deste calibre non pode ter lugar no século XXI. Francisco de Goya xa era un verdadeiro activista abolicionista no século XIX, o que demostra como a oposición a esta actividade non é posmoderna nin tan sequera contemporánea. Non é algo que esté de moda, é algo vencellado á participación cidadá, a que xustamente non queren apelar aqueles que defenden esta barbarie cos animais.

No caso concreto da Coruña, xa en 1843 houbera movementos cidadáns que reclamaban que non se celebrasen festexos taurinos na cidade. Movementos que comezaron 7 anos antes da construcción da primeira praza de touros, o que demostra, por enésima vez, que na cidade non había interese, nen tradición e moito menos afán por subsidiar as touradas.

Con todo o contexto amósase moi complicado para continuar coa defensa da tauromaquia na cidade da Coruña. E os datos amosan o mesmo camiño: escaso interese social, subsidios e apoios municipais continuos, una indignación cada ano maior entre a cidadanía… e moi pouca participación dos coruñeses e das coruñesas a través de propostas como un referendo, a opción que demandamos dende Galicia, Mellor Sen Touradas para que sexa a vontade popular a que demostre se quere ou non que os seus cartos rematen torturando e matando animais como forma de ocio.

  1. praza-vivo posted this