Dende LIBERA! contribuimos na creación dunha coalición xunto coa plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas e a Fondation Franz Weber co obxetivo de ofrecer a diferentes formacións políticas un argumentario aberto con propostas cara unha mellor protección dos animais.
Os encontros xa realizados, que inclúen ao PSdeG-PSOE, BNG e máis Compromiso por Galicia, suxiren unha conciencia de base nos partidos, pero tamén a necesidade de ofrecer apoio e asesoramento profesional en diferentes eidos da defensa dos seres vivos. Porén as respostas dos candidatos e candidatas ás nosas ideas contempladas no documento foron satisfactorias e mesmo permiten a confluencia de iniciativas mixtas na vindeira lexislatura. Tan só queda reunirse con Alternativa Galega de Esquerda; entendendo que o actual partido do goberno non representa nin fixo mérito algún por unha defensa dos animais.
É necesario avanzar nunha maior e mellor consideración dos animais. A coalición creada por estas tres organizacións é unha aposta de futuro. Non debemos quedar, por tanto, coas opcións reduccionistas e abrir o círculo cara unha verdadeira incidencia na política. Comezamos unha nova forma de dar voz…
As propostas virán acompañadas de canles de participación cidadá na elaboración de propostas parlamentares, nas que o relanzamento de EPDA (Espazo Parlamentar pola Defensa dos Animais) con nov@s compoñentes terá unha labor fundamental.