Praza pública Blogs
Hoxe en Praza:

Espazo vivo

O blog dos animalistas en Praza Pública
Sobre o blog  Artigos  Cómo axudar?  

Apúntate ao #crowdfunding antitouradas

Na asociación sempre procuramos innovar á hora de pedir cartos ás persoas. Sabemos moi ben que en tempos de crise a cousa non está para poñernos a solicitar doazóns e por iso cremos que é moito mellor ofrecer un pequeno valor engadido e facer partícipes aos contribuintes nas campañas que elaboramos.

E dito isto, presentámosvos “Shutdown Bullfighting”, unha iniciativa pioneira que pretende financiarse grazas ao xa hipercoñecido “Crowdfunding” o método de moda na rede e de seguro unha forma diferente de colaborar cunha campaña antitouradas.

Esta iniciativa precisa 2000$ (si, dólares) para facerse realidade e o lugar onde se levaría a cabo sería a cidade da Coruña. É dicir, procuramos un financiamento internacional entre persoas preocupadas pola celebración de festexos taurinos e actuamos de xeito moi local, nunha poboación onde o propio Concello subsidia este espectáculo macabro.

Convidamosvos a participar facendo a mellor aportación que creades necesaria. Só tendes que premer na seguinte ligazón.